Cubela, molesto co Goberno central, pide un pacto entre municipios para reclamar melloras de seguridade viaria na N-541
Por Redacción
Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, mostra o seu malestar perante o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urgana, que lidera o ministro José Luis Ábalos, pola falta de reformas na estrada N-541.
Fronte a esta situación, Cubela propón promover un pacto entre os oito municipios de Pontevedra e Ourense por onde pasa este vial, concellos que suman 218.120 habitantes. Con este pacto esixiríase ao Ministerio que se acometa a reforma integral para dotar de seguridade a esta estrada que presenta un amplo rexistro de siniestralidade.
"Practicamente todas as semanas temos algún sinistro na N-541 no noso concello e cónstame que a situación é similar nos demais municipios, ao que temos que sumar que, desgraciadamente, cada poucos meses rexístrese algún falecemento", afirma o alcalde. Precisamente este domingo falecía un veciño de Marín cando circulaba pola -541 nas proximidades de Cerdedo.
O alcalde poñerase en contacto cos máximos responsables dos municipios de Pontevedra, Forcarei, Boborás, Beariz, O Carballiño, Punxín, Maside e mesmo Ourense coa idea de crear unha fronte común para reclamar ao Ministerio as actuacións necesarias para incrementar a seguridade viaria nunha estrada que une as Rías Baixas co interior de Galicia e a Meseta.
En Cerdedo-Cotobade as melloras pendentes desde hai 28 meses son a rotonda oeste de Cerdedo e a glorieta este; as conexións de Calvelo e O Cábado, ademais da adopción de medidas redutoras de velocidade na parroquia de Folgoso.
Relacionadas:
-
Jorge Cubela presenta en Madrid as reivindicacións de mellora da seguridade vial na N-541
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Congreso a seguridade da N-541 en Calvelo
Por Redacción |
-
Fin de obra nas rotondas de entrada e saída de Cerdedo
Por Redacción |
-
Pilar Rojo pedirá explicacións no Senado pola parálise das obras da rotonda oeste da N-541
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade reforza a limpeza nos seus centros educativos de Educación Infantil e Primaria
Por Redacción |
-
Falece un motorista de 29 anos tras bater contra un poste en Cerdedo
Por Redacción |
-
As beirarrúas da travesía interior de Tenorio serán o dobre de anchas
Por Redacción |