Comeza a remitir a toxina dos polígonos mexilloeiros de Arousa, pero mantense nos de Pontevedra
Por Redacción
Aos poucos o episodio tóxico nos polígonos mexilloeiros galegos parece remitir. Polo menos, na Ría de Arousa. Trala apertura de varias zonas nas últimas horas, son xa once os polígonos que, segundo as análises realizadas polo Instituto Tecnolóxico de Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), están libres da toxina lipofílica. ÿ un respiro para o sector, tras un complicado mes de agosto.
En concreto, a toxina remitiu en tres polígonos mexilloeiros de Cambados e un cuarto no Grove, onde tamén se cultiva ostra. ÿnense aos outros sete que están limpos na parte norte da Ría de Arousa.
Era unha das zonas máis afectadas por este episodio e tras este avance, non se descarta que se abran novas zonas nos próximos días. Neste sentido, seguen pechados dous polígonos en Vilagarcía, tres en Cambados e catro no Grove.
Tamén remitiu na Ría de Vigo. Nos últimos días, abríronse unha ducia de polígonos. Só se manteñen pechados dous en Cangas, os situados na parte máis exterior da ría.
Peor seguen as cousas na Ría de Pontevedra. Tan só está libre da toxina, segundo o Intecmar, un dos tres polígonos de Portonovo. As outras sete zonas, dúas en Portonovo, tres en Bueu e dous en Cangas, manteñen aínda niveis tóxicos demasiado altos.