Un camión que transportaba mexillóns envorca na saída da AP-9 cara a Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un camión que circulaba pola saída da AP-9 cara a Marín envorcaba sobre as 20:45 horas cando o vehículo se dirixía cara ao nó para tomar a Autovía entre Pontevedra-Marín.
O vehículo que transportaba mexillóns, por causas aínda por determinar, foi ladeando a carga ata envorcar sobre a calzada. O condutor do transporte resultou ferido leve.
Foi necesario cortar esa saída da autoestrada durante o tempo que levou a retirada do camión articulado.