O reloxo da Peregrina, protagonista do cupón da ONCE deste mércores 26 de agosto
Por Redacción
O reloxo do Santuario da Virxe Peregrina de Pontevedra marcará a hora este mércores 26 de agosto no Cupón Diario da ONCE.
Así o confirmou a organización, dentro da serie de cupóns 'Cidades en Punto e Hora'. Con esta iniciativa a imaxe do santuario pontevedrés chegará a toda España a través da emisión de cinco millóns e medio e de boletos.
Situado na torre norte da igrexa, o reloxo da Peregrina foi instalado en 1896 procedente do Hospital de San Xoán de Deus que estaba no solar onde se atopa agora o Casino Mercantil Industrial, na praza de Curros Enríquez.
O Cupón Diario da ONCE ofrece 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras. Ademais pódese xogar tamén á serie optando a "A Paga" de 3.000 euros ao mes durante 25 anos.