O estado do lavadoiro de Allariz, motivo de queixas
Por Redacción
O Bloque Nacionalista Galego de Marín presentou un escrito ao Concello no que solicita o arranxo do lavadoiro de Allariz, na parroquia de Santomé de Piñeiro.
A formación nacionalista recoñece ter recibido queixas polo "estado de abandono" no que se atopa a instalación, asegurando que hai máis dun ano que non se acomete a súa limpeza.
Debido a iso produciuse un estancamento de auga, que se atopa chea de verdello.
Segundo o BNG os veciños da parroquia contactaron previamente co Concello para expoñerlles a problemática.