Barcos clásicos franceses aproveitan a súa estanza en Aguete para coñecer a Ruta Coloniana
Por Redacción
A frota francesa de barcos clásicos participantes no Rally La Baule-Galicia protagonizaron unha vistosa xornada de navegación este mércores pola Ría de Pontevedra coincidindo coa súa estanza no porto de Aguete.
As embarcacións protagonizaron unha vistosa parada naval ante o Paseo Marítimo de Marín e aproveitaron para coñecer a Ruta Coloniana.
Da man do escritor Rodrigo Cota, os participantes percorreron o interior da ría recibindo indicacións por radio con explicacións das coincidencias na toponimia de moitos accidentes xeográficos locais cos bautizados por Cristóbal Colón nas súas primeiras viaxes a América.