Sufocan un incendio nun alpendre anexo a unha vivenda en Marcón
Por Redacción & Cristina Saiz
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha dotación de Corpo de Bombeiros de Pontevedra e varias dotacións das policías Local, Nacional e Autonómica de Pontevedra mobilizáronse na serán deste luns para sufocar un incendio nun alpendre anexo a unha vivenda na parroquia de Marcón.
O lume comezou pouco antes das oito e media da tarde no número 75 do lugar da Ermida, en Marcón, e finalmente non afectou á vivenda, senón que quedou na construción anexa.
Fuentes policiais confirmaron que ás 21.00 horas xa estaba controlado.
Fontes dos Bombeiros de Pontevedra explicaron que o alpendre estaba cheo de herba seca, alpacas e madeira, entre outro material, de maneira que, aínda que o incendio se controlou rapidamente, as tarefas de extinció prolongáronse, pola necesidade de ir retirando todo o que hai no innterior da construción e apagar o lume ao 100%.
Testemuñas presenciais relataron a PontevedraViva que a construción afectada estaba chea de palla e o lume causou unha intensa fumareda que se podía divisar desde distintos puntos da parroquia de Marcón.