Os bombeiros sufocan un aparatoso incendio nunha vivenda de Lourido
Por Diego Espiño
Aparatoso incendio o que se produciu a última hora da tarde deste sábado 25 de xullo nunha vivenda de Lourido, no Concello de Poio.
Ao tratarse dunha casa e existir risco evidente para as persoas, ademais da Policía Local de Poio os primeiros en chegar ao lugar foron os efectivos dos Bombeiros de Pontevedra, que foron despois reforzados por compañeiros do Salnés.
Unha vez no lugar, os profesionais de emerxencias comprobaron que o lume procedía dunha das habitacións.
Os bombeiros conseguiron controlar o lume sen que se propagase polo resto de estancias, producíndose principalmente danos materiais.
Segundo informa a Policía Local, unha veciña que axudou nun primeiro momento a controlar o lume resultou ferida leve con queimaduras nun brazo.