Recollidas e reparticións de alimentos excepcionais en seis meses tamén insólitos
Por Redacción
Máis dun millón de quilos de alimentos repartiu a Fundación Provincial do Banco de Alimentos nos seis primeiros meses do ano. Unha cifra que resulta da situación excepcional xerada pola pandemia da COVID19.
Ao igual das necesidades desbordáronse neste tempo, tamén as doazóns disparáronse colaborando coa Fundación. De feito, as restricións do estado de alarma impediron a celebración presencial das recollidas de alimentos, polo que estas chamadas solidarias á colaboración trasladáronse ás redes sociais, conseguindo unha óptima resposta: 80.000 quilos de comida recollidos na provincia nun só mes que serviron para atender a máis de 25.000 persoas sen recursos.
Esta campaña virtual contou co respaldo, como adoitaba facerse con anterioridade, de rostros coñecidos. Por iso a Fundación Provincial do Banco de Alimentos agradece a colaboración da escritora Ledicia Costas, o cantante Amaro Ferreiro ou o xornalista Gonzo. Agradecemento que igualmente fai extensivo ás empresas que realizaron as súas doazóns con produtos de primeira necesidade.
Lonxe de aliviarse esta demanda social, a Fundación prevé que se incremente consecuencia do empeoramento da situación económica. Nesta tesitura, a ong traballa en novas fórmulas solidarias para seguir dispoñendo de alimentos que distribuír entre a poboación da provincia. Durante este mes de xullo estiveron a repartirse o dobre de alimentos ás entidades homologadas coas que operan e co obxectivo de estean cubertas as necesidades do mes de agosto.
Con todo, ao tratarse dun servizo esencial, os almacéns de Pontevedra e Vigo van seguir operativos e para iso dispoñerán dun equipo de voluntarios que xestionarán doazóns e entregas de alimentos.
Relacionadas:
-
O Concello colabora cos gastos do aluguer do almacén do Banco de Alimentos
Por Oskar Viéitez |
-
Vodas de prata en tempos de pandemia: unha parella substitúe a súa celebración por unha doazón ao Banco de Alimentos
Por Natalia Puga |
-
Sanxenxo recolle 1.650 quilos de produtos para o Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
A Operación Quilo online do Banco de Alimentos recada máis de 80.000 quilos nun mes
Por Redacción |