Veciños de Pontevedra quéixanse dun novo escape en ENCE e a empresa négao
Por Anxo Lourido
"Non houbo absolutamente nada que xerase ningún tipo de escape ou emisións", desta forma contestan a través do gabinete de comunicación de ENCE ás queixas de veciños da zona de Ruibal durante esta mañá que apuntaban cara á factoría de Lourizán como causante dunha nube que, segundo afirmaban, lles provocou irritacións oculares e problemas respiratorios e que era visible dende diferentes puntos como A Caeira ou Rosalía do Castro.
As queixas foron comunicadas á Policía Local e aos Bombeiros que, segundo manifestan dende a empresa pastera, foron informados "de que se producira un cero eléctrico, algo normal nun complexo industrial. ÿ un problema do servizo de enerxía eléctrica e o xefe correspondente informou os bombeiros de que o único que sae é vapor de auga da caldeira de biomasa, que é o mesmo pouco fume de sempre".
Esas queixas tamén se produciron dende outros puntos da cidade tanto próximos á ría como na zona do centro onde algúns cidadáns afirmaron sufrir molestias tras o paso da nube na rúa Blanco Porto.
O Concello de Pontevedra, emitiu un comunicado confirmando que os Bombeiros recibiron unha chamada dunha veciña de San Brais para alertar dun forte olor acompañado dunha nube branca e se dirixiron a Celulosas onde por parte de persoal da fábrica recoñecen ter unha avaría. Esa chamada foi seguida doutras tres na zona da Ruibal en Salcedo e Rosalía de Castro tanto no parque de Bomberos coma no 092. Unha patrulla da Policía Local acudiu á fábrica para solicitar información sobre o sucedido e ofrecer os servizos públicos municipais por se fosen necesarios. A empresa manifestoulles, segundo o Concello, que se trataba dun fallo eléctrico na caldeira de queima da biomasa e que asumían calquera responsabilidade.
Fontes próximas á propia factoría alertaban tamén a PontevedraViva de que, durante o venres 16, tamén se rexistrara unha nova incidencia que, finalmente, chegou a ser controlada e non xerou o mal olor que se derivou da avaría do pasado domingo 11 de agosto.
Dende ENCE manteñen que nas últimas 48 horas non se produciu ningún escape nin provocou unha nube tóxica. Indican que o fallo eléctrico, neste caso, se trata "dun problema completamente distinto ao da pasada fin de semana" cando se produciu un escape derivado do mal funcionamento dunha caldeira.
A dirección da empresa considera "inadmisible que se trate de alarmar os cidadáns"
O Concello manifesta que "a especial alteración do aire da cidade detectada hoxe revela unha vez máis a inaxeitada ubicación dunha factoría química xeneradora de continuos incidentes que supoñen unha ameaza para a saúde da cidadanía".
Ante este novo enfrontamento, o gabinete de comunicación de ENCE indicou a PontevedraViva que a dirección da empresa considera "inadmisible que o Concello de Pontevedra trate de alarmar os cidadáns. E espera que as acusacións se deban a unha confusión". Nun posterior comunicado esixe ao Concello que "ponga fin dunha vez por todas á difusión de ditas falsedades".
Relacionadas:
-
A APDR denuncia a ENCE no xulgado polos escapes producidos o pasado mes de agosto
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Parlamento os recentes "escapes" en ENCE
Por Redacción |
-
ENCE advirte a Lores que o seu descoñecemento sobre a factoría "non o autoriza a mentir nin a alarmar"
Por Oskar Viéitez |
-
Carme da Silva sobre ENCE: "Chernobil tamén era a central máis segura do mundo ata que non o foi"
Por Alejandro Espiño |
-
ENCE asegura que as súas análises confirman "episodios de cheiros e non problemas respiratorios"
Por Redacción |
-
Estudan expedientar a ENCE pola "fuga de gases" que provocou problemas respiratorios na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
ENCE pide desculpas polo seu "episodio oloroso" pero asegura que non supuxo "ningún risco" para a cidadanía
Por Redacción |