O Grove incorporará tres traballadores coa recepción da EDAR
Por Redacción
O Concello do Grove leva xa varias semanas traballando no denominado "Protocolo de recepción da Estación de Depuración de Augas Residuais" que, a partir do 15 deste mesmo mes, deberá pasar a ser mantida e xestionada cos fondos municipais.
Para elaborar este traballo, o Concello mantivo numerosas reunións nas que participaron, entre outros, a directora e técnicos de Augas de Galicia, da empresa que ata agora se ocupada da súa xestión (Tragsa) e os responsables do servizo de augas do municipio, contándose, ademais, cunha consultora externa contratada polo Concello para asesorar neste complexo e problemático proceso.
Debe incidirse en que a asunción deste servizo suporá un grande esforzo para os servizos de augas municipais, que deberán ser reforzados.
Para este fin, o Concello xa puxo en marcha un proceso de dotación de persoal a través do cal se incrementará o persoal con dúas persoas, co que manterá un equipo permanente de augas de cinco operarios.
A isto deberánselle engadir as dúas persoas que xa traballaban na EDAR e que o Concello se ve obrigado a incluir no seu cadro de persoal. Estes esforzos buscan que o servizo sexa óptimo e que se conte con todas as garantías neste proceso de traspaso.