Proxecto piloto cos furanchos para visibilizar o potencial vitivinícola de Pontevedra
Por Redacción
O Concello de Pontevedra activará a vindeira semana, e ata o 31 de xullo, un plan experimental de traballo cos furanchos para visibilizar o potencial vitivinícola do municipio.
A iniciativa parte das concellarías de Promoción da Cidade e de Urbanismo, que convidaron a todos os furanchos de Pontevedra que permanecen abertos, aínda que, de momento, tan só tres confirmaron que participarán.
Os departamentos que dirixen Anabel Gulías e Xaquín Moreda puxéronse en contacto con todos os propietarios destes establecementos e tres furanchos xa confirmaron a súa participación e queda aberto a calquera outro que se queira sumar.
A actividade busca a promoción dos caldos producidos no Concello de Pontevedra a través da divulgación nos propios furanchos da produción do viño cos procesos de produción, as súas calidades e a tradición deste tipo de establecementos no Concello.
Dentro deste proxecto, vaise editar un díptico coa identificación e localización dos furanchos participantes.