Queixas veciñais porque o sistema de luces estáticas e dinámicas da Peregrina está apagado nas festas
Por Redacción
Un veciño de Pontevedra insta o Concello a que acenda durante os días de festas o sistema de iluminación do santuario da Peregrina que mestura luces estáticas e dinámicas.
A través dun escrito presentado este mércores no rexistro municipal, faise eco das queixas dalgúns pontevedreses ao constatar que en plenas festas da Peregrina o sistema de iluminación "se encontra totalmente apagado e fóra de funcionamento".
Recordan que instalar esta iluminación supuxo ao Concello un investimento de ao redor de 440.000 euros hai varios anos e solicitan o seu arranque ou, no caso contrario, saber a razón pola que permanece apagado.
A queixa veciñal formalízase esta semana, nos días centrais das festas da cidade, ao consideralo unha época na que se deben explotar todos os recursos propios de Pontevedra, pois son unhas datas "relevantes" nas que "nos visitan miles de turistas".