Trasladan o hospital un menor logo do incendio orixinado por una tixola ao lume nunha casa de Poio
Por Redacción
Un menor de idade tivo que ser trasladado ao hospital na tarde deste martes para ser sometido a observación como consecuencia do incendio declarado na cociña dunha vivenda da avenida da Barca, en Poio.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, o menor foi traslado só para realizarlle unha valoración, pero atópase ben de saúde.
O lume iniciouse ás 19.08 horas nunha cociña da avenida da Barca e requiriu a intervención da Policía Local e Protección Civil de Poio.
O lume comezou por mor dunha tixola esquecida ao lume e causou importantes medios materiais.
Unha vez na vivenda afectada, a Policía Local confirmou ao 112 Galicia que o incendio fora sufocado, polo que xa non fixo falta a intervención de ningún medio de emerxencia, agás unha ambulancia que trasladou a un menor como consecuencia de inhalar fume.