Retira parte do tellado dun local e rouba material por 790 euros e 350 euros en efectivo
Por Redacción
A Policía Nacional esclareceu un roubo cometido entre os días 28 de xullo e 1 de agosto nun local do paseo Domingo Fontán. Para lograr entrar no establecemento, o autor realizara unha manobra aparatosa: retirou parte do tellado e coouse dende alí.
Segundo informou a Policia Nacional, o suposto autor logrou deterse este luns 12 de agosto. Trátase dun veciño de Poio de 41 anos con antecedentes policiais e atribúeselle un delito de roubo con forza en establecemento comercial.
Tras retirar parte do tellado e acceder ao interior do local, supostamente subtraeu efectos valorados en 790 euros e outros 350 euros en efectivo. Por estes feitos tramitáronse dilixencias xa remitidas ao Xulgado de Garda.
Este luns a Policía Nacional tamén detivo o suposto autor doutro delito de roubo cometido hai máis de dous meses. Arrestaron un veciño de Pontevedra de 30 anos de idade, con antecedentes policiais, por uso feitos que sucederon nalgún momento entre as 21.30 e as 2.00 horas do 26 de maio.
Unha persoa subtraeu un turismo estacionado na avenida da Coruña que logrou ser recuperado este luns 11 de agosto, coa conseguinte detención do seu presunto autor. Atribúenlle o roubo e posterior uso do vehículo.