Frustran en Sanxenxo un intento do 'timo do cambio'
Por Redacción
A Garda Civil conseguiu frustrar un intento do 'engano do cambio' nun centro comercial de Sanxenxo. Sorprendeu dous veciños de Barcelona de nacionalidade romanesa no momento no que intentaban estafar a unha caixeira.
Neste caso, estaban a intentar estafar a caixeira utilizando 350 euros en billetes de 5 euros, para que a caixeira llelos cambiase por billetes de 50. Nesta modalidade de 'engano do camio' os estafadores adoitan aproveitar ese momento de intercambio de billetes de distinto valor para tratar de confundir a empregada.
En Sanxenxo o engano frustrouse, pero nalgúns casos anteriores estes individuos lograron estafar ata 150 euros. O Xulgado de Instrución número 1 de Cambaos determinou que estes individuos puideron participar en feitos delituosos similares noutras localidades da provincia.
Os dous imputados son V.C. e A.I., ambos os dous de 29 anos de idade, e a Área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo atribúelles un delito de tentativa de estafa.
Nun rexistro superficial do vehículo en que circulaban os referidos imputados localizouse outro paquete de 250 euros, en billetes tamén de 5 euros, ocultos entre os asentos dianteiros. Ambos os dous deberán prestar declaración no xulgado cando sexan requiridos.