ENCE incorpórase ao padroado da UNED en sustitución de Novacaixagalicia
Por Alejandro Espiño
30.000 euros. ÿ o que pagará anualmente a empresa ENCE para incorporarse ao patronato da UNED. Substituirá así a Novacaixagalicia. Trátase dunha achega que, segundo o rector da UNED, Juan Antonio Gimeno Ullastres, supoñerá o "fortalecimiento" da universidade a distancia. "Es, sin duda, un factor positivo que se reincorpore la actividad privada a un centro que pretende ir más allá de su función educativa".
Juan Antonio Gimeno explicou que "es el principio de más colaboraciones con otras empresas y con la propia ENCE", da que recordou que a universidade xa colaboraba nos seus cursos de verán. "Es un signo de vitalidad", dixo, tras recordar que xunto a esta incorporación, a UNED asinará en breve o convenio con Deputación e Concello para ampliar o actual centro de Monte Porreiro, "y trabajamos en proyectos nuevos".
Durante a firma do convenio, o presidente de ENCE, Juan Luís Arregui, afirmou que ENCE incorpórase ao patronato da UNED, "no para comprar voluntades", senón para aportar a súa colaboración ao desenvolvemento social da cidade. "Estas cosas sirven, además de para poder ayudar, para que los ciudadanos reciban una información no sesgada", explicou Arregui.
"Cuando uno se abre a la universidad no quiere ocultar nada, porque si tiene algo que ocultar no se une con la universidad, se une con el diablo, pero no con la universidad", afirmou o presidente da pastera, que reiterou que "no hacemos esto para conseguir nada. Es nuestra obligación que el entorno esté contento, que no sufra o sufra todo aquello que es mínimo que una producción de riqueza provoca".
Pola súa banda, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, mostrou a súa satisfacción de que unha empresa como ENCE apoie economicamente á UNED "polo que supón de colaboración entre entidades públicas e privadas". Neste sentido, recordou os proxectos que, no ámbito da investigación, desenvolven conxuntamente a empresa pasteira e a Deputación.
"A incorporación da empresa ao Padroado dá UNED supón un exercicio de responsabilidade social e cultural coa sociedade", explicou Louzán. "A empresa xa ven patrocinando e colaborando en numerosas actividades públicas, nos lugares nos que opera, dando así resposta a necesidades e demandas sociais non seu ámbito de influencia".