A crise sanitaria provoca a cancelación das festas de Loira
Por Redacción
A comisión das Festas de Loira, en Marín, comunicou oficialmente a cancelación dos festexos deste ano como consecuencia da crise sanitaria.
Entre outras cuestións, o confinamento impediu á comisión avanzar nas tarefas organizativas e realizar o tradicional peditorio á veciños porta a porta.
"Aínda que nos doa, cremos que é o máis acertado neste momento, pero o ano que vén volveremos con máis forza para que todos esteamos totalmente recuperados e podamos gozar das nosas festas", explicou a presidenta da comisión, Marián Dalmau.
Nun comunicado explican que no mes de abril tería que facerse o habitual roteiro polos domicilios da parroquia, aspecto indispensable xa que sen eses fondos, así como coa colaboración das parroquias veciñas e d Concello de Marín, non sería posible levar adiante as festas. Con todo "fomos conscientes de que ir pedir a cásalas diñeiro non era o máis apropiado, debido a que hai moita xente sen traballo e todos estamos a apertar os petos".
A pesar da difícil decisión a comisión das festas de Loira asegura que traballa xa na edición de 2021.