Monte Porreiro estreará novo acceso por Os Campos en nove meses
As obras de construción do novo vial de acceso a Monte Porreiro, que unirá a zona de Tafisa con Os Campos, comezarán este luns 8 de xuño. Será cos traballos de roza no seu trazado.
Neste proxecto, que ten un prazo de execución de nove meses, vanse a investir 1.137.280 euros, que serán financiados con cargo a un convenio asinado entre o Concello e a Deputación de Pontevedra. Sumadas as expropiacións, o custe ascende a case 1,6 millóns de euros.
O novo acceso a Monte Porreiro será un vial de 605 metros, con dous carrís de tráfico de 2,5 metros de ancho cada un e unha beirarrúa ao carón das vivendas cun mínimo de 1,5 metros.
Ademais, incluirá elementos de calmado de tráfico e os estándares do modelo urbano de Pontevedra, dando preferencia á mobilidade peonil e ciclista.
O edil de Obras, Demetrio Gómez, asegura que esta estrada mellorará a integración do barrio de Monte Porreiro na cidade, así como a mobilidade peonil e de vehículos nesta zona ao contribuír a retirar o "tráfico innecesario" da beira do río Lérez.
Este acceso, engade o concelleiro, está dentro dos novos proxectos viarios que se están construíndo na cidade, como é o caso do novo acceso a Montecelo e do novo vial de Mollavao, que como este de Monte Porreiro "axudan a que a malla urbana teña menos coches".
Estas obras contemplan tamén unha intervención integral na zona dos Campos, que implica a reordenación de toda a área para mudar o actual tratamento de cruzamento nunha zona con carácter de praza pública.
Relacionadas:
-
Comeza a obra do novo acceso a Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
"Paseemos e compremos no barrio de Monte Porreiro"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O novo vial a Monte Porreiro esperta o interese de 16 empresas
Por Redacción |
-
A construción do novo acceso a Monte Porreiro por Os Campos durará nove meses
Por Alejandro Espiño |