Sergio Galán substitúe por lesión a Fermín Bohórquez na corrida de picas do sábado
Por Redacción
O rejoneador Sergio Galán substituirá o sábado en Pontevedra a Fermín Bohórquez no cartel da terceira de feira de La Peregrina. Segundo adiantou o portal mundotoro.com. O rejoneador jerezano non está recuperado aínda da fractura de úmero da que tivo que ser operado o pasado 25 de xuño, o que o levou a suspender os festexos que tiña asinados tanto no Puerto de Santa María como en Pontevedra, atrasando a súa reaparición ata o 17 de agosto, en Guijuelo.
Deste modo, Sergio Galán incorpórase a unha terna que completan Andy Cartagena e Diego Ventura. Os tres cabaleiros lidarán un encerro da gandaría de San Mateo, propiedade do ex-matador "El Niño de la Capea".