Arden de madrugada dous coches no interior dun garaxe en Deiro
Por Redacción
Os servizos de emerxencia tiveron que despregarse durante a madrugada deste xoves para sufocar o incendio declarado no garaxe dunha casa en Vilanova de Arousa.
Concretamente o lume produciuse nun domicilio situado no lugar da Igrexa, na parroquia de Deiro, ao redor das 2:00 horas.
A pesar da aparatosidade do incendio, non houbo que lamentar feridos, limitándose os danos segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a dous coches, leña e varios aveños que se atopaban no local.
Tras recibir a alerta, o centro de atención ás emerxencias puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia, da Garda Civil, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
A intervención dos bombeiros prolongouse ata as 3:30 horas da madrugada, cando se puido dar por sufocado o incendio.