Os homes da Deputación visten traxes escuros
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52023658913b9-004.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/520236ce97b9d-008.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
O pleno da Deputación aprobou un plan de obras e servizos cunha achega de 15 millóns de euros. O único punto neste pleno extraordinario contó con los votos do Partido Popular mentres que o PSOE e o BNG a rexeitaban. As críticas dos grupos da oposición centrábanse na falta de consulta para intentar consensuar un plan conxunto; na redución de funcións que, segundo expuxeron Santos Héctor e César Mosquera, supoñerá para os concellos xa que será a Deputación quen licite as obras tras a presentación de proxectos por parte de cada municipio e na falta de inclusión de Vigo e Pontevedra nese plan.
O deputado popular, José Manuel Figueroa, defendeu a proposta indicando que non se consensuara coa oposición porque iso retardaría a posta en marcha dun plan que queren poñer en marcha de inmediato. Indicou, ademais, que é un plan que xerará riqueza e traballo. Sinalou que Pontevedra e Vigo saen máis beneficiados que o resto de Concellos a través de convenios. Louzán rematou as intervencións afirmando que PSOE e BNG lamentarían o voto " porque non hai argumentos para votar en contra e é unha cuestión importante".
TRAXES ESCUROS
Unha vez aprobado o plan, o nacionalista César Mosquera realizou unha crítica sobre o convite enviado polo presidente da Deputación para participar nos actos da ofrenda á Virxe Peregrina do domingo 11 na que consta unha nota protocolaria para que os deputados acudan con traxe escuro. A intervención provocou a escena de humor durante a sesión. Louzán respondeu, entre risas, que lle resultaba rechamante que un deputado que nunca asiches a estes actos estivese preocupado pola vestimenta. E Mosquera engadiu que o dicía polo popular Xosé Crespo, amigo de ir á moda con cores rechamantes.
O audio sobre este momento pode escoitarse a continuación:
Debate na Deputación sobre os traxes escuros na ofrenda á Virxe da Peregrina
Pequeno debate orixinado na Deputación a raiz dunha queixa do deputado nacionalista César Mosquera sobre a petición de traxes escuros para acudir á ofrenda á Virxe da Peregrina
CC BY-NC-SA PontevedraViva