Ferida nun atropelo nun paso de peóns en Barrantes
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha rapaza duns 20 anos de idade resultou ferida e tivo que ser trasladada ao Hospital Domínguez de Pontevedra tras ser vítima dun atropelo en Ribadumia.
O sinistro produciuse ás 17.00 horas deste martes en Barrantes, cando, segundo as testemuñas, a rapaza cruzaba por un paso de peóns que tiña o semáforo en vermello para o paso de persoas.
Un vehículo arrastrouna e ao lugar desprazáronse Urxencias Médicas de Galicia-061, Protección Civil de Ribadumia e a Garda Civil. Tras inmobilizala, trasladárona en ambulancia ao hospital.