Falece José García Blanco, empresario e ex vicepresidente do Pontevedra C.F.
Por Redacción
José García Blanco falecía nas últimas horas aos 85 anos de idade. Este coñecido empresario pontevedrés, fundador dos establecementos de roupa García Blanco, mantivo unha importante actividade na cidade de Pontevedra e foi vicepresidente do Pontevedra Club de Fútbol na época na que encabezaba a xunta directiva Miguel Domínguez.
Hai seis meses falecía tamén a súa muller. A sala velatoria encóntrase en Virxe do Camiño, situada en la calle Loureiro Crespo, e o funeral desenvolverase mañá, mércores 7, ás 17:30 horas na Igrexa de San Bartolomeu. E o enterro terá lugar a continuación en Santa María de Mourente.