En Sanxenxo xa hai hoteis co cartel de "completo" para todo o mes de agosto
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín asegurou que algúns hoteis do municipio teñen "el cartel de completo" para todo o mes de agosto "y para la segunda quincena de julio hay también bastantes reservas".
"Y hay gente que sigue llamando", engadiu.
Telmo Martín mostrouse optimista por esta información que lle trasladan persoalmente os propietarios dos hoteis que traballan xa para ter todo preparado para recibir aos visitantes "que son muy fieles".
"Tenemos un turismo muy leal y que creen que en Sanxenxo se van a sentir muy seguros", explica Martín.
A previsión é ter todo listo a finais de xuño. Mentres se insiste en mandar unha mensaxe de tranquilidade que identifique a Sanxenxo como un "destino seguro". E é que, tal e como lembrou o alcalde, o 80% da economía do municipio depende deste sector.
Esa é a obsesión do rexedor popular que quere "ofrecer la mejor solución posible en seguridad" a todos os visitantes.
Telmo Martín cifrou en 11.000 as vivendas de segunda residencia que ten o municipio, aínda que "nosotros censados somos 17.500 personas en este momento".
Relacionadas:
-
Sanxenxo contratará vixiantes de apoio para controlar o aforo e distanciamento nas súas praias
Por Redacción |
-
Sanxenxo reactívase coa chegada da fase 1 da desescalada
Por Redacción |
-
Sanxenxo prevé reabrir o mercado ambulante e os camposantos
Por Redacción |
-
Investigadores do CSIC ven "moi pouco probable" infectarse da COVID-19 con baños en praias ou piscinas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Sanxenxo ordenará a praia de Silgar en 780 cuadrículas
Por Oskar Viéitez |
-
Unha aplicación de reservas ou bonos de desconto, propostas para impulsar o turismo na cidade
Por Redacción |