Falece un veciño de Beluso de 76 anos mentres podaba unha árbore
Por Redacción
O servizo de alertas do 112 avisou as 13:52 horas deste sábado dun "accidente con persoas en situación difícil en Bueu".
Alertados os servizos de emerxencias Bombeiros do Morrazo, acudiron ao lugar do suceso en Beluso, nas proximidades da praia de Área de Bon pero pouco puideron facer á súa chegada.
Sabino F., de 76 anos, morreu vítima dun accidente cando podaba as ramas dunha árbore nun terreo da súa propiedade.
Segundo informaron Bombeiros do Morrazo o home quedou atrapado entre unhas cordas tras romper a rama na que estaba apoiada a escaleira á se subira.