O aparcadoiro de Nauta bateu en xullo o récord de recadación
Por Redacción
O aparcadoiro situado baixo a praza do Mar, xestionado por Nauta Sanxenxo, bateu en xullo o récord de recadación en comparación co mesmo período dende a súa apertura no ano 2005. Así o confirmou o vicepresidente da empresa pública, Salvador Durán, quen apuntou un ingreso total de 89.286 euros o pasado mes correspondente a 28.479 entradas no aparcadoiro.
O edil recordou que se trata dunha instalación que foi obxecto recentemente dunha intervención, que precisou dun investimento superior aos 60.000 euros, destinado a acondicionar 400 m2 de pavimento, pintar todo o equipamento así como outras accións relacionadas co renovado, recebo, a sinalización e a electricidade.
O balance de actividade no Porto Deportivo Juan Carlos I apunta tamén á xeración de 19.305 euros derivados dos servizos de grúa, limpeza con máquina a presión e estanza no varadoiro, aos que hai que sumar o importe correspondente á venda de 66.269 litros de gasóleo e gasolina.