Ferido un mozo ao envorcar un camión de lixo na autovía do Salnés
Por Redacción
Un mozo de 25 anos de idade resultou ferido leve nun accidente rexistrado ao envorcar un camión de lixo en Meis.
Segundo informan dende o 112 o accidente tivo lugar sobre as 5.10 horas na autovía do Salnés (AG-41), na recta de Meis, ao envorcar un camión de lixo.
O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que atendeu no lugar ao home ferido, que pediu a alta voluntaria e non requiriu traslado a un centro sanitario.