Bandera Azul insta a que no Concello de Marín mellore en 10 días as praias de Aguete, Mogor e Portocelo
Por Redacción
Tras realizar unha inspección nas praias de Aguete, Mogor e Portocelo, o presidente da asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, José Sánchez, reclama que mellore o estado destes areais aos que concederon a Bandeira Azul 2013. Danlles un prazo de 10 días para levar a cabo estas reformas.
Na praia de Aguete solicitan a mellora na limpeza da area na que aparecen numerosas cabichas debido á limpeza con mangueira da terraza do quiosco anexo á caseta "principal" de socorristas. Tamén indican que existen restos de porcallada ao lado da caseta. Non obstante, felicitan pola ampliación do balizamento o Concello marinense.
Na praia de Mogor instan a colocar unha pequena ponte de madeira que salve o regato do fondo da praia. Ademais, a inspección comprobou que a baixada á praia se encontra moito máis limpo e ordenado que en anos anteriores.
En canto á praia de Portocelo reclaman unha mellora do estado de conservación e limpeza xa que se encontraron con auga estancada e verdín na zona anexa ás duchas.
O concello de Marín que é quen remitiu estas críticas realizadas pola asociación deberá enviar un informe con todas as melloras que se realicen antes da segunda semana de agosto.