Sen acordo na segunda reunión da Mesa do viño das Rías Baixas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Fará falla unha nova reunión da Mesa do Viño, tras rematar sen acordo a xuntanza celebrada este martes na delegación da Xunta en Pontevedra.
O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu a xuntanza.
Esta reunión foi convocada a petición do sector para propoñer un tipo de contrato homologado nesta Denominación de Orixe e nela tamén participaron adegas, cooperativas e organizacións agrarias.
Entre as novidades analizadas atópase a proposta da Xunta referida ao apoio ao financiamento para a compra da uva aos viticultores a partir de contratos homologados.
Ademais, o feito de non incluír prezos mínimos a raíz da normativa europea para a defensa da libre competencia.
O encontro quedou emprazado a unha tercera reunión o vindeiro día 6 de agosto para que o sector dispoña de máis tempo para analizar todas as cuestións tratadas nesta reunión.