VÍDEO.- Policías, voluntarios e sanitarios fúndense nun aplauso en Montecelo
Por Diego Torrado & Redacción
Ás oito da tarde, puntuais como cada día nas dúas últimas semanas, os aplausos volveron converterse na banda sonora das rúas de Pontevedra. Dun recuncho ao outro da cidade e das parroquias do rural, soou o apoio da cidadanía ao traballo incansable dos profesionais sanitarios para combater o coronavirus. No Hospital Montecelo, ademais, o son ambiente estivo acompañado de sirenas, as de varias patrullas das policías Local e Nacional e vehículos de Protección Civil que acudiron a dar o seu apoio.
O primeiro que soou foron as sirenas dos vehículos, un reclamo que fixo que os sanitarios que nese momento estaban dispoñibles saísen á porta de acceso ao servizo de Urxencias. A continuación, policías, voluntarios de Protección Civil e profesionais da sanidade fundíronse nun só aplauso colectivo e solidario, para darse ánimos e agradecemento ante o esforzo que está a supoñer o combate contra o Covid-19.
Relacionadas:
-
O Colexio de Médicos agradece aos seus colexiados o seu "extraordinario labor" eximíndolles das cotas
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- Os mestres das Doroteas téñeno claro: "Queda na casa. Todo vai a saír ben"
Por Alejandro Espiño |
-
Doce policías nacionais infectados por coronavirus en Galicia, un deles en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Sanitarios, ambulancias e veciñanza fúndense nun aplauso colectivo ante o Hospital Provincial
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O aplauso ao persoal sanitario é "un chute de ánimo"
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Homenaxe da Policía Local e da Nacional ao persoal sanitario en Montecelo: 'Resistiré'
Por Anxo Lourido |