Condenado a catro anos de cadea por abusar dunha moza que traballou para el nunha discoteca de Pontevedra
Por Redacción
A Audiencia de Pontevedra condenou ao veciño de Marín de nacionalidade cubana Leonardo R.P. a catro anos de prisión como autor dun delito de abusos sexuais a unha antiga empregada. Segundo a sentenza que publica o xornal Faro de Vigo, nas pezas íntimas de ao vítima se enconró ADN compatible co condenado.
Leonardo R.P. foi xulgado o 21 de maio pola Sección Segunda da Audiencia por uns feitos que se remontan á madrugada do 7 de maio de 2011 nun domicilio da rúa Concepción Areal de Marín no que residía o acusado.
Segundo a sentenza, o acusado encontrouse na rúa de madrugada a unha muller a que coñecía por traballar para el tempo atrás nunha discoteca de Pontevedra da que el era xerente e a invitou a subir á súa vivenda.
Ambos os dous se dirigierom ao cuarto do procesado e sentáronse enriba da cama. O home ofreceulle unha copa de ron con Coca Cola e, tras charlar longo anaco, cando xa eran as 8.00 horas da mañá, a muller quedou durmida profundamente.
O procesado aproveitou a circunstancia para espir a muller de cintura para abaixo e penetrala ata que ela espertou. Cando a suposta vítima se decatou de que estaba nua e tiña o acusado enriba, apartouno dun empuxón sen que el opuxese resistencia, vestiuse rapidamente e marchou da vivenda.
Para ditar sentenza o tribunal tivo en conta o testemuño da vítima e as probas de ADN realizadas tras a denuncia. A análise xenética das pezas da vítima revelou que se encontraron restos de esperma compatibles co procesado.
Leonardo R.P. negou ter abusado sexualmente daantiga empregada e asegurou que aquela noite chegou á súa casa de Marín en taxi e aínda que a presunta vítima, que tamén era veciña, estivo noutras ocasións no seu domicilio, non a vió esa madrugada.
Fronte a este declaración de inocencia, a sentenza sostén que non deu explicación de ningún tipo ao achado referido polos peritos biólogos, nin sequera deslizou a posibilidade de que tivese tido algún encontro sexual coa vítima en ocasión distinta".