'O máis importante é a vida', o videoclip do alumnado do CEIP Carballal para loitar contra o coronavirus
![Sara](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/654/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5e25802536-sara.jpg)
Por Sara Iglesias
Baixo o lema #yomequedoencasa, o CEIP Carballal de Marín, creou un videoclip no que aparecen os seus alumnos facendo todo tipo de actividades nas súas casas durante o confinamento.
Co título 'O máis importante é a vida' e acompañado dunha canción con frases como "o COVID-19 non deixa avanzar"; "lava moi ben as mans"; "loitaremos xuntos"; "aplaude aos heroes: os sanitarios", esta iniciativa pretende que o alumnado do colexio e tamén o de outros aprendan que o importante é quedar na casa para salvar vidas.