![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d4c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5e79e2a978-20200324-torrado-enfermeras-ambulatorio-con-plasticos-4.jpg)
© Diego Torrado
O persoal do ambulatorio Virxe Peregrina recorre a bolsas de lixo ante a carencia de EPIS
![Marisa](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577155e6db-5735c17382-20160513-patxot-marisa-ciordia-203-ok-pontevedraviva.jpg)
Por Marisa Ciordia
Ante a carencia de batas de protección desechables, o persoal do ambulatorio Virgen Peregrina de Pontevedra leva dous días utilizando bolsas de lixo como medio profiláctico no exercicio do seu traballo. É a imaxe coa que se atopaban os usuarios que a comezo de semana tiñan que acceder ao centro de saúde.
Dada a excepcional conxuntura actual, os protocolos de actuación estableceron unha 'barreira' á entrada principal do edificio de Atención Primaria. Nese punto o persoal de enfermería criba o tipo de paciente que accede ao interior, como poden ser revisións de Sintrom, curas, ou outras patoloxías que se seguen producindo á marxe do COVID19. Ao tempo, acceden pola rúa Echegaray as persoas con problemas respiratorios dalgún tipo. Neste lugar hai ademais outra segunda 'barreira' con persoal de enfermería que criba sospeitas de coronavirus.
O pudor calaba entre este persoal "por ter que estar así ante os cidadáns, pero dada a falta de recursos estamos a protexernos e ao tempo protexendo aos usuarios". Outra das máximas que se está seguindo é a consulta telefónica sempre que sexa posible, pero cando non pode ser así o persoal médico tampouco dispón destas batas desechables.
Ademais, a escaseza de máscaras fai que se usen unicamente en casos de pacientes que poidan ser susceptibles de positivos por proximidade con alguén en corentena ou por unha mobilidade xeográfica. Do que si dispoñen por agora é de luvas. "Uns equipos de protección individual nestas circunstancias é o mínimo que podemos pedir", sinalan desde o centro sanitario, petición que se está realizando "todos os días".
Trasladada a tesitura á administración sanitaria, a dirección da Área Sanitaria "asegura que o persoal de Atención Primaria dispón de EPIS, tamén en Virgen Peregrina".
O persoal do ambulatorio Virxe Peregrina recorre a bolsas de lixo pola carencia de EPIS
Ante a carencia de batas de protección desechables, o persoal do ambulatorio Virgen Peregrina de Pontevedra leva dous días utilizando bolsas de lixo como medio profiláctico no exercicio do seu traballo.
© Diego Torrado