45 iPads para os mellores expedientes de novo ingreso
Por Redacción
Os 45 mellores expedientes de novo ingreso en titulacións de grao na Universidade de Vigo terán a oportunidade de recibir cadansúa axuda destinada ao financiamento da compra dunha Tablet PC como ferramenta de axuda ao estudo.
A Universidade abriu xa o prazo de presentación de solicitudes para participar nunha nova edición dos Premios á Excelencia Académica, galardóns concibidos como recompensa para aquel alumnado que, ao chegar á etapa universitaria, destaca de xeito particular por unha traxectoria curricular de excelencia nos estudos previos de ensino secundario.
Os interesados en solicitar estas axudas terán de prazo para facelo ata o vindeiro 15 de novembro, podendo informarse vía web dos diferentes detalles da convocatoria, incluídos forma, prazo e procedemento de concesión das axudas.