Segundo falecido na área sanitaria por coronavirus: un paciente de 72 anos con patoloxías previas
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistrou esta fin de semana o segundo falecemento por causa do coronavirus desde o inicio da emerxencia sanitaria. Trátase dun home de 72 anos con varias patoloxías previas.
Segundo a información facilitada por fontes sanitarias, o home estaba ingresado no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra tras ser diagnosticado de coronavirus.
A primeira morte por coronavirus na área sanitaria rexistrouse hai unha semana, o pasado sábado 14 de marzo. Foi un home de 81 anos con varias patoloxías previas que permanecía ingresado e illado no Hospital Montecelo desde o luns anterior.
A última actualización de datos oficial realizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sinala que este domingo 22 de marzo contabilízanse 136 casos activos na área sanitaria. Deles, 33 están hospitalizados, oito máis que un día antes. Os outros 103 están illados nos seus domicilios.
Deses 33 hospitalizados, este domingo permanecen ingresados na UCI un total de tres pacientes da área sanitaria. Segundo as cifras oficiais facilitadas, dúas deses pacientes hospitalizados están no Hospital do Salnés e o resto no Hospital Montecelo.
Relacionadas:
-
Un home de 74 anos, cuarto falecido por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria suma 136 casos activos por coronavirus, do que 33 están hospitalizados e 3 na UCI
Por Natalia Puga |
-
Primeira alta a un paciente con coronavirus en Pontevedra
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Pontevedra rexistra 59 positivos por coronavirus, once no hospital e 48 nos seus domicilios
Por Alejandro Espiño |
-
Primeiro falecemento por coronavirus en Pontevedra: un home de 81 anos con múltiples patoloxías
Por Natalia Puga |