Coches antigos baixo a chuvia
Por Redacción
As chuvias desta mañá non evitaron que numerosos curiosos se achegasen ata a Praza de España para ver os rechamantes modelos dos vehículos dos anos 30 ata os 60 que se concentraban na segunda edición desta mostra de vehículos clásicos e históricos da cidade que está organizada polo club pontevedrés AVA (Asociación de Vehículos Antigos).
Ata as 19:30 se poden observar os preto de 50 vehículos entre os que se encontran autobuses históricos da empresa Cuíña, ademais dun camión industrial Bedford. Os vehículos proceden de distintos puntos de Galicia e de Portugal coa presenza dun Chevrolet Impala, un Lincoln Continental, ademais dos coches clásicos da marca Seat. Na concentración encóntranse 600, 850, 124 e ata un Seat 1.500 que servía como ambulancia da Cruz Vermella.
Os coleccionistas tiveron a oportunidade de coñecer o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) a través dunha visita guiada promovida pola concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo. A concelleira Carlota Román tamén realiza unha entrega de premios aos participantes neste evento tan atractivo para os amantes do motor.