Un peón atropelado e un motorista ferido en dous accidentes de tráfico na cidade
Por Redacción
Un motorista tivo que ser trasladado polos servizos de Emerxencia a un centro hospitalario de Pontevedra tras sufrir, as 11:31 da mañá, unha colisión cun turismo na rúa Italia na urbanización de Monte Porreiro. Ata o lugar no que se produciu o accidente entre o coche e a moto acudiu unha dotación da Policía local e unha unidade do 061, segundo informou o servizo de Emerxencias do 112.
Minutos antes, un peón era atropelado por un vehículo no cruzamento da rúa José Malvar co barrio da Seca. Segundo manifestaron testemuñas presenciais, o home quedou tombado sobre a calzada queixándose das feridas sufridas polo forte impacto. Foi trasladado a un centro hospitalario para comprobar o alcance das lesións.