Pontevedra segue a ser solidaria en doazón de sangue e a unidade móbil cubríu as reservas
Por Anxo Lourido
"Es preferible que vengáis otro día. Si queréis donar hoy, podéis donar. Pero yo os aconsejo que mejor os acerquéis dentro de 15 días que volveremos a estar aquí". Unha das integrantes do equipo sanitario do autobús de doazóns da Xunta de Galicia dirixíase así a un grupo de persoas que se achegara pasadas as 19:30 horas.
O médico que se encontra no interior da Unidade Móbil confirma que superaron as reservas de sangue e que, sobre todo, dos tipos máis demandados habitualmente, A negativo e 0 negativo, rexistraron unha gran cantidade de doazóns. O rechamante, ademais, é indica Máximo Rodríguez, médico da unidade, que "muchos de los donantes han estado aquí hasta una hora esperando con paciencia y sin protestar". Por iso, a moitos dos interesados en doar aconselláronlles que se pasen calquera día, de luns a venres e de 8 a 15 horas, pola unidade situada no Hospital Provincial onde tamén pode realizar doazóns.
"A raíz del accidente, la respuesta ha sido masiva y las necesidades están cubiertas ahora mismo" comenta Máximo Rodríguez. O autobús volverá estar no mesmo punto, na Praza de Ourense nas escalinatas da Igrexa de San Francisco dentro de 15 días.
"Pontevedra siempre es impresionante" comenta unha das integrantes do persoal sanitario "pero desde el accidente del tren se ha desbordado". Comenta que, tras o tráxico suceso, no Hospital Provincial máis de duascentas persoas pasaron pola Unidade e, ante tantas doazóns, foron emprazadas a vir durante os seguintes días "y están viniendo y respetando los turnos de manera ordenada. Es una respuesta magnífica".