Un veciño de Cambados resulta ferido nun accidente entre un turismo e unha motocicleta
Por Redacción
Un veciño de Cambados, coas iniciais R.V. F. e 46 anos de idade, resultaba ferido durante a tarde deste sábado 7 de marzo nun accidente de tráfico que se rexistraba na avenida de Galicia, unha zona céntrica do municipio de Cambados.
Por causas aínda por investigar, un turismo impactaba contra unha motocicleta provocando diversas contusións ao piloto. O home ferido foi evacuado ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061 con dor cervical, lumbar e dorsal.
A Policía Local de Cambados instrúe dilixencias para tentar determinar as causas do accidente.
Ata o lugar tamén acudían operarios do Servizo de Emerxencias de Cambados, que minutos máis tarde tiñan que achegarse ata a parroquia de Castrelo debido a outro accidente provocado por un xabaril. Nesta ocasión, non se rexistraron feridos.