Os hostaleiros de Caldas piden un maior control sobre os apartamentos turísticos
Por Redacción
Representantes da Asociación de Empresarios de Hostalería de Caldas de Reis mantiveron este mércores unha reunión de traballo co alcalde Juan Manuel Rey na que lle trasladaron a súa preocupación polo crecente número de apartamentos turísticos na vila termal.
É un asunto sobre o que o Concello comprometeuse a reunirse cos donos destes establecementos para explicarlles a lei e tomar medidas contra aqueles que exerzan esta actividade de forma irregular. "Que se permita a convivencia entre todos os sectores e modalidades de aloxamento", márcase como obxectivo o rexedor.
Doutra banda, trataron tamén a elaboración dun plan municipal de dinamización turística e da hostelaría que maque as liñas mestras de actuación a seguir para dar un impulso ao sector. Unha petición que o alcalde se comprometeu a atender coa elaboración dun documento que recolla as debilidades, carencias e oportunidades da hostalería local para definir accións concretas que permitan potenciar o sector.
A problemática das terrazas foi outro dos puntos quentes do encontro. O Concello ten previsto aprobar unha nova ordenanza que regule con maior detalle a ocupación da vía pública, aínda que antes de redactala queren coñecer a opinión e escoitar as achegas dos empresarios.