O temporal provoca desperfectos en varios puntos do Concello da Lama
Por Redacción
A brigada de obras do Concello da Lama visitou na mañá do 2 de marzo as zonas afectadas do municipio na procura de mitigar os desperfectos provocados polo temporal. Varios desprendementos de pedra e terra, enchentes de auga e o envorcado de varios contenedores foron o resultado do forte vento da noite anterior.
Situacións semellantes vivíronse no resto do municipio con pólas de árbores bloqueando camiños, caídas de muros e valados e desprendementos de terra, así como o envorcado de varios contenedores de lixo.
O lugar máis resentido foi Paradela de Xende, onde os efectos das chovias e do forte vento provocaron a caída de cascallos e pedras, ademáis do acopio de materiais sólidos arrastrados polas riadas que chegaron a asolagar varias caneiras e corredoiras do lugar. O camiño que discurre entre a capela da Nosa Señora da anunciación de Paradela de Xende e o muíño que dá acceso a un dos roteiros de senderismo do municipio se converteu tras o temporal nunha canle de auga, terra e cascallos que deixaron impracticable o acceso.
A brigada municipal de obras, xunto coa presenza do alcalde Jorge Canda e o tenente de alcalde David Carrera, axudou a despexar a calzada para facilitar o paso de vehículos e o acceso dos veciños as súas casas.