Encargan obras de emerxencia ante os desprendementos na Ermida da Lanzada
Por Redacción
O muro que rodea á Ermida da Lanzada ten, segundo os técnicos, un "perigo real" de desprendemento. De aí que o Concello vaia a remitir a Patrimonio un proxecto para realizar obras de emerxencia e poder así consolidar toda esta área.
Os problemas detectáronse a partir do derrube que sufriron as escadas de baixada ao mar a pasada fin de semana.
O Concello xa instalou un valado de protección para evitar que os visitantes poidan acceder a escada, mentres non quede completamente reposta e garantida a seguridade na zona.
O proxecto necesita do visto bo de Patrimonio xa que, aínda que se trata dunha obra dos anos 80 executada polos veciños para evitar danos dos temporais sobre este espazo, atópase dentro da área de protección da ermida.
Telmo Martín, que visitou a zona xunto o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, destacou que Costas do Estado acordou non participar nesta obra xa que, segundo o informe emitido por este departamento, a zona non afecta ao dominio marítimo terrestre.