Arredor dun cento de cabalos exhibiranse na V Gala hípica de Campañó
Por Redacción
Os amantes dos cabalos teñen unha cita este domingo 28 de xullo no hipódromo de Campañó. Alí desenvolverase dende as 11 da mañá a quinta gala hípica Virxe Peregrina que organiza a Asociación cabalar, en colaboración coa Comunidade de Montes de Campañó e do Concello.
Manuel Ruibal da asociación organizadora sinalaba que a Deputación, a pesar da súa solicitude, non colabora economicamente con este evento no que participarán un centenar de cabalos que serán avaliadas polo xurado estatal Fernando Roca. Durante todo a xornada analizará a beleza e a estampa de cabalos, eguas, poldros e poldras de ata dous anos do país, cruzados, pura raza áraba e pura raza española.
Ás 20:30 horas farase entrega dos premios que ascenden a 4.500 euros en metálico e trofeos.
A entrada ao hipódromo é gratuíta.