A Comisaría tras deambular en calzóns por Michelena e facerse o tolo
Por Redacción
Un home sorprendido pola Policía Local mentres deambulaba en calzóns pola rúa Michelena a plena luz do día rematou detido na Comisaría Provincial. O seu arrestro non tivo nada que ver co seu comportamento, senón porque estaba reclamado por un xulgado como autor dun delito.
A Policía Local localizouno arredor das 18.30 horas da tarde deambulando desorientado. Cruzouse cunha patrulla policial e tiña a mirada perdida. Ademais, cando os axentes empezaron a facerlle preguntas non proferiu ningunha palabra.
Ante a sospeita de que puidese encontrarse mal de saúde, ter algún problema ou encontrarse desaparecido ou perdido do seu domicilio, os axentes trasladárono á Comisaría Provincial. Unha vez alí, púidose comprobar que non estaba desorientado nin necesitaba asistencia médica, senón que adoptara este comportamento para evitar a súa detención.
Unha vez que se comprobou a súa identidade, a Policía Nacional descubriu que se trata dunha persoa que tiña en vigor unha órden de busca, detención e personación ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Salamanca por un delito cometido naquela localidade.
O equipo médico dunha ambulancia concluíu que se atopaba ben de saúde
Ata lograr comprobar quen era, os axentes locais e nacionais tiveron que realizar varias xestións. En primeiro lugar, os policías solicitaron a presenza na Comisaría dunha ambulancia para que o recoñecesen.
Unha vez que lle realizaron unha exploración, o persoal médico da ambulancia concluíu que o home non requiría un ingreso psiquiátrico nin tratamento médico, que estaba en perfecto estado de saúde.
Comprobada esta circunstancia, os axentes seguiron interrogándoo para solicitarlle que lle facilitase a súa identidade, pero o home negouse en todo momento a dar os seus datos, adoptou unha actitude de mutismo.
A Policía Científica descubriu finalmente a súa filiación a través das pegadas dactilares. Así descubriron que non estaba enfermo nin desaparecido, senón pouco interesado en non ser descuberto polas Forzas de Seguridade, ao ter en vigor unha orde de detención.