18 anos de cárcere para tres integrantes dunha rede que introduciu cocaína a través do porto de Marín
Por Redacción
Tres integrantes dunha rede de narcotraficantes que introducía cocaína a través do porto de Marín foron condenados a 18 anos e medio de prisión. Así o publican Faro de Vigo e La Voz de Galicia na súa edición deste martes 23 de xullo na que se fan eco dunha sentenza recén ditada pola Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra.
No banco dos acusados sentábase neste xuízo unha cuarta persoa, unha muller contra quen nas súas conclusións definitivas o fiscal Pablo Varela decidiu retirar os cargos ao entender que no xuízo celebrado o pasado 25 de xuño non se expuxeron probas que xustificasen manter a acusación. O maxistrado da Sección Cuarta de la Audiencia absolveu finalmente Gloria María Hernández Holguín.
A sentenza considera probado que os tres condenados planearon a introdución de 275 quilos de cocaína utilizando o método do "gancho cego". A droga viaxaba oculta nun colector que arribou ao porto de Marín a bordo do buque 'Amanda', onde foi localizada polo Servizo de Vixilancia Aduaneira en agosto de 2008. O atraso na celebración do xuízo permitiu que os condenados vísense beneficiados pola circunstancia atenuante de dilacións indebidas.
A pena máis elevada, de 7 anos e medio de prisión, é para o arousano José Luis Orbáiz Quintáns, fillo do exgarda civil xa falecido José Luis Orbáiz Picos, quen xa foi condenado en 2005 a tres anos de prisión nun proceso no que tamén resultou condenado o seu pai.
O segundo dos imputados condenados é Miguel Ángel Torres Romero, un cidadán colombiano que reside en España e ao que caeron seis anos de cárcere. A pena máis baixa, de cinco anos de prisión, é para outro cidadán colombiano, Luis Fernando Cuesta Pérez. Este último viuse beneficiado da circustancia atenuate de confesión porque colaborou cos xuíces e na vista oral relatou todos os plans dos seus compañeiros de banco.