Conde sinala a "necesidade" do mercado laboral de promover as vocacións asociadas á ciencia e a tecnoloxía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/02b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5e459b1fa0-20200213condepontevedra2.jpg)
© Xunta de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/474/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5e459b3eaf-20200213condepontevedra3.jpg)
© Xunta de Galicia
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, vistou este xoves a novena edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal), promovido pola asociación de empresarios da mediana e pequena empresa (Aempe).
Conde afirmou que a mocidade ocupa o "lugar central" á hora de definir o futuro de Galicia, xa que "marcará as directrices económicas e sociais", e que polo tanto resulta "imprescindible" colaborar activamente co tecido empresarial para "blindar a formación como elemento que marque a diferenza".
O conselleiro apelou á necesidade de sumar esforzos á hora de ofrecer "unha formación máis especializada" aos máis novos, fomentando a cualificación dos futuros profesionais e fortalecendo a identidade e o potencial do talento galego.
Deste modo, puxo énfase na exploración de "novos eidos" para asegurar o crecemento do tecido empresarial, incluíndo "os camiños inéditos que definen as novas tecnoloxías".
Así, Conde chamou a "potenciar os modelos baseados na innovación", aqueles que, asegurou, definen aos "profesionais 4.0 que reclaman prioritariamente desde o mercado laboral". Neste senso, o titular de Economía, Emprego e Industria insistiu na obriga de "incentivar as vocacións STEM, especialmente entre as máis novas".