O guindastre leva este verán menos coches que o pasado ano
Por Redacción
O concelleiro de Seguridade Ciudadana, Salvador Durán, confirmou este luns"un lixeiro descenso no número de vehículos retirados pola grúa no que vai de verán en relación á mesma época do ano pasado". Así, mentres en 2012 foron 101 os turismos obxecto de intervención deste servizo, nesta campaña estival a cifra é de 95, o que supón unha baixada do seis por cento.
A estatística elaborada pola Policía Local apunta a que nesta ocasión tan só 76 vehículos se encontraban mal estacionados, xa que se moveron 16 por motivos de diversa índole como celebracións, feito que non leva consigo pagamento das correspondentes taxas.
Tal e como reflicte o informe municipal, dende finais de xuño ata hoxe a grúa retirou e trasladou ao depósito situado en Miraflores, 67 coches, enganchou outros 7, e retirou 2, mentres que outras 3 accións resultaron nulas.
As zonas urbanas das vilas de Sanxenxo e Portonovo acumulan o maior número de actuacións, con 57 e 31 respectivamente, seguidos de Noalla e Bordóns.
En canto aos horarios, máis da metade das incidencias concentráronse pola mañá, 56 en total, mentres que outras 23 se rexistraron pola tarde e 16 de madrugada.
As tarifas aprobadas polo Pleno da Corporación para este servizo son de 55 euros pola retirada, cantidade, que ascende 70 euros se leva consigo depósito. Á súa vez, o prezo establecido por cada xornada que transcorre antes de que o propietario do automóbil proceda a retiralo das dependencias municipais é de 15 euros, mentres que o enganche leva consigo o aboamento de 30 euros.
"A grúa é un servizo necesario nun concello como este no que ao crecemento da poboación nos meses de verán hai que sumar tamén o aumento de vehículos derivado do gran número de persoas que se achegan a este destino para gozar do seu tempo de ocio nas fines de semana, o noutros momentos, sen que se aloxen no municipio, polo que o tráfico nesta época é intenso", recordou o edil de Seguridade Ciudadá, quen insistiu en que "a maioría dos milleiros de usuarios das nosas vías cumpren estritamente coas normas como se deduce do feito de que a Policía local contabilizara só 76 infraccións de estacionamento susceptibles de retirada de grúa nun mes".