O cigarro electrónico chega a Pontevedra
Por Redacción
Dende hai uns días temos na nosa cidade a primeira tenda da cadea "Mi E-Cigarro", nas galerías da Praza da Peregrina, especializada na venda de cigarros electrónicos e os artigos relacionados con este novo produto, que está empezando a substituír xa ao cigarro tradicional en moitas cidades europeas e do noso país.
Dende a súa introdución no mercado, hai uns cinco anos, é nestes dous últimos onde a mellora notable na calidade dos dispositivos, e na calidade dos líquidos usados para vapear ( termo co que se designa a fumar en cigarro electrónico), supuxeron que as vendas destes produtos se triplicase.
Os seus distribuidores insisten en que, fronte ao cigarro tradicional, "todo son vantaxes". A primeira e principal, é que o que se aspira non é o fume xerado pola combustión do tabaco e demais elementos que se encontran nos cigarros. "O que aspiramos é vapor".
Se ben non se trata dun produto farmacéutico, "nin pretende selo", o certo é que son moitos os fumadores habituais que foron abandonando o tabaco para pasarse ao cigarro electrónico. "E dado que os líquidos poden conter nicotina, é o usuario quen determina cual é a cantidade que desexa consumir, podendo ir reducíndoa, ata poder vapear líquidos sen nicotina", aclaran.
O persoal do establecemento insiste en que "este novo hábito é máis saudable e respectuoso cos que está ao noso lado", e mostran gran variedade de sabores e dispositivos.
Outro argumento esgrimido polo persoal de "Mi E-Cigarro" é o económico, o aforro que supón, tras a compra inicial do dispositivo, do consumo de líquidos de cigarro electrónico fronte aos custos do tabaco tradicional, "que poden chegar a ser de preto do 80%".