Varios feridos leves nunha saída de vía no acceso ao porto de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f9d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5e4069c43e-20200209-torrado-accidente-placeres-3.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a71/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5e406a0dc9-20200209-torrado-accidente-placeres-1.jpg)
© Diego Torrado
A Policía Local de Marín interveu na tarde deste domingo nun accidente de circulación rexistrado no nó de acceso ao porto de Marín. O sinistro consistiu nunha saída de vía na que resultaron feridas leves varias persoas que circulaban no mesmo vehículo.
Segundo a información facilitada pola Policía Local de Marín, o vehículo ía ocupado por catro persoas, dúas delas menores de idade.
O accidente foi moi aparatoso, pero saldouse con feridos de consideración leve porque todos os ocupantes do vehículo levaban sistemas de protección. Nos asentos dianteiros circulaban dous adultos que levaban o cinto de seguridade e nas prazas traseiras viaxaban dous menores que levaban un sistema de retención infantil adecuado á súa idade e peso e homologado de forma correspondente.
Os feridos foron trasladados en ambulancia a un centro sanitario.